domingo, 14 de diciembre de 2008

Máis información e opinión sobre o caso de Genie...

O pasado 27 de Novembro, "Negima" publicou un largo comentario na entrada correspondente ao caso de Genie, a nena "salvaxe" de California, que, despois de pensalo, decidín incluílo aquí como unha entrada dado o seu indubidable interese. O comentario de Negima está aquí reproducido na súa totalidade, soamente con dous cambios: 1) algunha errata que outra foi corrixida; 2) inclúense un par de enlaces suxeridos por Negima, pero engadidos por quen está agora escribindo. Gracias, "Negima", e non deixes de ler a resposta ao teu comentario (debaixo do orixinal teu):

"Despois de ler a información que facilitaches busquei en Internet máis información. Resultoume curioso que nalgunhas webs querian darlle dos investigadores a imaxe de maltratadores, que só vían a Genie coma un obxecto, e que posiblemente violaron o código de ética.
Logrei encontrar máis datos sobre a súa familia. Tiña irmáns e ela era a única que permanecía encerrada. Atábana a unha silla cun orinal implantado denominado "silla entrenadora" para os nenos que comenzan a facer as súas necesidades nun retrete. De noite o pai atábana e metíana nunha gaila de arame e madeira dentro dun saco de durmir, aínda que algunhas veces olvidábase dela e deixábaa atada na silla. A súa vestimenta era un pañal con algún vestido. Comía comida de bebé e no seu cuarto só podía ver cinco centimetros de ceo e o tellado dos seus veciños. Os demais membros da súa familia eran controlados polo seu pai, que de vez en cando os deixaba saír, e cando non os deixaba ,os vixiaba sentando nun rincón cunha pistola cargada nas mans.
Ela non tiña unha referencia do xusto e o inxusto, pero os nenos por natureza son máis curiosos: ¿por que a súa curiosidade non a levou a rebelarse? Supoño que quizais durante os primeiros anos sentise medo, pero ¿durante trece años nunca tivo máis curiosidade que medo? Quizais non podo falar dunha forma obxectiva xa que fun educada nunha sociedade, pero dende o meu punto de vista nalgún momento todo ser humano arriscaríase a saber que é o que hai tras aquela porta, e polo tanto forcexearía co meu carcereiro.
Actualmente unha orde xudicial protexe a intimidade de Genie, pero chegou a saberse que na actualidade vive nunha institución de California que adicase o cuidado de adultos con retraso mental, autismo, parálise cerebral ou epilepsia. No 2001 fíxose unha pelicula sobre ela, "Mockingbird Don’t Sing", que é moi difícil de encontrar en español.
Simplemente quería áñadir un pouco máis de información. (Existen casos similares: as irmás Kamala e Amala supostamente criadas por lobos en Ucrania, Oxana Malaya criada por un can ata os oito anos, Kaspar Hauser de Núremberg, Alemania, encadeado nun zulo, John Ssabunnya, "o verdadeiro Tarzán", criado por monos na selva africana)."

lunes, 24 de noviembre de 2008

Non é o monstro das galletas

Primeiro foi King Kong.

Logo foi Copito de Nieve.

E agora é unha femia: Koko.


A familia dos gorilas ten uns cantos famosos.
Aquí ofrecemos este enlace para ir o sitio de Koko na rede: hai un montón de cousas; entre outras, a propia Koko ensinando a quen queira os signos dos sordomudos que ela coñece ben...

domingo, 23 de noviembre de 2008

¿Aló?

Dedicaremos esta entrada á comunicación animal. No Tema 2 todo queda demasiado breve e aquí podes meterte algo máis : trátase dun libro de Carles Riba, presentado por J. Sabater Pi, gran especialista en primates e estudioso da cultura dos chimpancés (J. Sabater Pi foi quen comprou no seu día a cazadores furtivos o famoso Copito de Nieve, o gorila albino, que chegaría ao zoo de Barcelona gracias a el.
Ben, nestas páxinas de Riba poderá acceder a información sobre a comunicación dos crustáceos (páxina 23), as arañas (mesma páxina), insectos (desde a páxina 24: bolboretas, abellas, formigas...), crocodrilos (páxina 32), corvos e outros paxaros (mesma páxina), golfiños (tamén na 24), primates (páxina 33), baleas (páxina 36), e así...

sábado, 22 de noviembre de 2008

Genie Wiley, a "nena salvaxe" de California

Máis atrás temos a entrada dedicada a Victor, o neno salvaxe atopado en Francia a piques de rematar o século XVIII. Agora toca falar do caso de Genie. Temos aquí un documental de fai anos no seu día emitido por Televisión Española. Non é precisamente un documento divertido, e ninguén -agás Genie- ou case ninguén sae ben parado desta historia, pero o caso é... real, e é pouco menos que imposible non sentir interese por el, e consideramos moi improbable que alguén comece a ver o documental e non queira chegar ata o final:







Ben, e agora, vosoutros veredes se merece a pena escribir un comentario aquí ou non... Gracias en calquera caso.
(Hoxe Genie é xa unha muller que pasa dos cincuenta anos... Se segue viva, que cabe esperar que si).

Victor de L´Aveyron, o neno salvaxe

Jean Itard, Victor de L´Aveyron, Alianza Ed.

Nestes días atrás estivemos comentando o caso do neno salvaxe atopado en Francia pouco antes de 1800. O libro de Jean Itard que conta este caso o tes na nosa biblioteca, na sección de psicoloxía (había que ubicalo nalgún sitio, e talvez non sexa o máis adecuado, pero aí o tes á túa disposición, para cando queiras-, está editado por Alianza editorial, e nunha colección fácil de atopar en calquera librería ou biblioteca pública. Se queres información sobre Itard a tes aquí, ou tamén neste outro enlace.
Pasemos agora á película. É de Truffaut, cineasta francés que, sen embargo, pode ser talvez para ti máis coñecido como actor dun famoso film de Spielberg, "Encuentros en la tercera fase", onde fai o papel de científico obsesionado por tomar contacto cos alieníxenas comunicándose musicalmente. Podes velo como tal neste vídeo-trailer (Truffaut aparece varias veces, e ao final co nome do personaxe, "Lacombe", e o seu, en letras ben visibles:


Pero o que aquí interesa agoa é a película de Truffaut, sete anos anterior á de Spielberg, no que tamén fai de actor -fai do propio Itard-. Ofrecemos tres vídeos: 1) o trailer, en inglés, porque aquí somos moi políglotas; 2) a escena da "xustiza" e o castigo inxusto, en V.O., en francés, pero agora con subtítulos en castelán; 3) "El pequeño salvaje" (Parte 4), é dicir, a parte IV da versión en castelán, cunha doblaxe non moi logada que fai perder verosimilitude á historia (Truffaut utilizaba sonido directo, e na doblaxe é de estudio, con voces coñecidas polas series de televisión ou polos anuncios:






Se queres ver máis en YouTube en francés, debes escribir "LÉnfant sauvage"; se o queres na versión anglosaxona, "The Wid Chid"; se queres ver a película completa ou case en castelán, pon "El pequeño salvaje", e poderás ir parte a parte. Sempre en YouTube, e SEMPRE escribindo xunto ao título o nome do autor: Truffaut, para evitar perdelo tempo con tonterías. ¡Boa caza!

martes, 18 de noviembre de 2008

"Partindo da nada chegamos ás máis altas cotas da miseria"

E agora outro enlace máis para quen desexe dar con información máis completa e detallada da antropoxénese. Ben, éste é o sitio da rede que propoñemos. Ti verás...
Podes aforrar tempo se buscas xa de entrada o apartado 4 na páxina 8 -son trece, en total-, e a partir de aí, segues.

A voltas con Lamarck e Darwin

Ao final do apartado 3 deste Tema 2, titulado "Explicacións evolucionistas", hai dous enlaces que volvemos a propoñer aquí porque todos sabemos que así é máis fácil e apetecible -no caso de que un teña ganas- recurrir a eles.
O primeiro é por se queres meterte un pouco máis a fondo no pensamento de Lamarck. Pois ben, se queres, éste é un enlace que non está mal, se ben atoparás información doutros autores, así que podes ler todo ou parte...
O segundo é algo distinto: é un blog dun biólogo do CSIC no que podes seguir unha polémica discusión déste con outro colega que entra como invitado na bitácora do primeiro. Debes chegar ata a sección de "Comentarios", e alí ver o que propoñemos: os argumentos e contraargumentos de ambos científicos, un defendendo a teoría sintética e outro criticándoa. A cousa non acaba moi ben... Éste é o enlace, por se queres seguilo.

martes, 28 de octubre de 2008

lunes, 27 de octubre de 2008

De mitos, contos, nenos e medos

Fai uns días, nun dos dous grupos, falabamos de literatura, de libros, de certas historias que, sendo escritas e do noso tempo, posúen algo indefinible que as achegan aos vellos mitos; son ou poden ser "míticas", sen ser mitos. O exemplo que non foi difícil de atopar foi a novela de Golding Lord of the Flies, na que aparece constantemente a ameaza, ou a intranquilizadora presenza desa besta oculta imaxinada de diferentes formas por distintos personaxes da obra... Tamén falábamos desa "carga mítica" visible igualmente nos contos populares, e dos terribles personaxes e monstruos que neles atopamos, e logo á polémica en torno a se son causa dos terrores dos nenos, ou se máis ben eses terrores xa existen e con tales personaxes de conducta pouco recomendable os nenos "dan forma", cara e nome a eses medos, conseguindo así en certo modo un control ou poder sobre eles. E desembocamos finalmente, un pouco por azar, nun conto para nenos, escrito por Vicente Muñoz Puelles, e no seu día moi premiado, e con xustiza, atrevémonos a dicir: Óscar y el león de Correos, moi ben ilustrado por Noemí Villamuza, e editado en 1998 por Anaya. Trata da historia dun neno de seis anos que sinte pánico por dúas cousas: "a criatura da noite", que antes de deitarse busca co seu pai por mil sitios, e o león do buzón de Correos, ao cal tira caramelos para intentar telo da súa parte... Finalmente conocerá a un home maior que traballa na oficina de Correo e móstralle o interior désta e o outro lado do león:

"-¿No sabes que los leones no comen caramelos? -le preguntó.
Óscar se sonrojó.
-Pensé que los leones de Correos serían distintos -dijo.
El hombre se reía tanto que parecía no terminar nunca.
-¿Sabes una cosa? -le preguntó-. Hace muchos años , cuando yo era joven, había otro niño que también le daba caramelos al león. Hablé con él, lo traje aquí y me dijo exactamente lo mismo.
Óscar se quedó pensando si el empleado de Correos le tomaba el pelo.
(...) Aquella noche, con el pijama puesto, papá empezó a mirar detrás de las puertas, buscando a la criat
ura de la noche. (...)
-Se me pasó el miedo, papá. (...) Sé que la criatura de la noche no existe y que el león de Correos no puede morderme.
-Es curioso que me digas eso -comentó papá-. C
uando yo era pequeño, tenía mucho miedo de ese mismo león. ¿Sabes lo que le hacía?"

¿E ti? ¿Sabes ti que lle facía...?

viernes, 24 de octubre de 2008

Carl Jung, os mitos e o inconsciente colectivo

Os todas, do sur da India, un exemplo entre outros de cultura tradicional, cren nos seus propios mitos, claro é, e nun deles se di que a muller foi ceada a partir dunha costela do home, o cal recorda inevitablemente á historia de Adán e Eva da "Biblia", libro de orixe hebreo, producto dunha cultura allea aos todas e moi distante da India. En realidade hai moitos casos de similitudes ou coincidencias entre mitos ou relatos relixiosos (a "Biblia" non é propiamente un mito, nin unha serie de mitos). Os semang, da penísula de Malaca (en castelán, penísula malaya), non posúen o mito do diluvio, tan repetido en tantas culturas, pero si outro distinto pero equivalente: a tradición dun gran incendio... E así podríamos seguir...
O caso é que na aula, tratando precisamente sobre estas coincidencias de mitos de culturas e continentes distantes entre si, falamos de dúas explicacións plausibles: unha, a posible orixe común de diferentes culturas, o que explicaría as coincidencias, pese ás variantes, que tamén existen; e outra, non demostrada, pero suxestiva, a de Carl Jung e a súa hipótese do inconsciente colectivo. Deixamos aquí algún enlace que outro por se pica a curiosidade, recordando que hai moita información sobre Jung na rede, vídeos en YouTube incluidos... Pero recorda isto sempre: non todo o que atopamos na rede ten o mesmo grao de fiabilidade...

jueves, 23 de octubre de 2008

TEMA 1. ¿Gregos nun mapa... metido nun vídeo?

Se queres un mapa dos de toda a vida da Grecia antiga, coas polis, as colonias, etc., etc., só tes que premer neste enlace... E se o que queres é un gráfico ou esquema cos nomes, escolas e séculos dos filósofos máis importantes daquel tempo tes a túa disposición este segundo enlace... Pero se preferes algo máis "movido", mellor bota unha ollada a isto, titulado "Descripción de la Grecia antigua":

TEMA 1

Damos comezo aquí ao Tema 1. As entradas que seguen pertencen a este primeiro tema. Todas elas levarán, non obstante, a etiqueta "TEMA 1".

Presentación

Benvidos. Éste é o blog de F&C, e pretende chegar a ser un lugar de encontro e de comunicación entre todos nós. Que iso sexa posible dependerá do que fagamos con este... monstruo recién chegado.
Para introducir calquera comentario non é necesario ter conta ou correo algún: basta con escribilo, reproducir a serie de letras anti-spam e premer no circuliño onde pon "Anónimo". Se queres firmar co teu nome, con pseudónimo, con iniciais, etc., é cousa túa, e só terás que poñelo ao final do comentario (ou ao comezo).
Textos, actividades, vídeos ou gráficos correspondentes aos diferentes temas do curso irán aparecendo aquí. Algúns deles serán máis ben... "convencionais" (serán o que todo o mundo xa espera que sexan); outros -esperemos que moitos- serán máis ben... "non convencionais". En calquera caso o monstruo comeza xa a andar...