lunes, 24 de noviembre de 2008

Non é o monstro das galletas

Primeiro foi King Kong.

Logo foi Copito de Nieve.

E agora é unha femia: Koko.


A familia dos gorilas ten uns cantos famosos.
Aquí ofrecemos este enlace para ir o sitio de Koko na rede: hai un montón de cousas; entre outras, a propia Koko ensinando a quen queira os signos dos sordomudos que ela coñece ben...

domingo, 23 de noviembre de 2008

¿Aló?

Dedicaremos esta entrada á comunicación animal. No Tema 2 todo queda demasiado breve e aquí podes meterte algo máis : trátase dun libro de Carles Riba, presentado por J. Sabater Pi, gran especialista en primates e estudioso da cultura dos chimpancés (J. Sabater Pi foi quen comprou no seu día a cazadores furtivos o famoso Copito de Nieve, o gorila albino, que chegaría ao zoo de Barcelona gracias a el.
Ben, nestas páxinas de Riba poderá acceder a información sobre a comunicación dos crustáceos (páxina 23), as arañas (mesma páxina), insectos (desde a páxina 24: bolboretas, abellas, formigas...), crocodrilos (páxina 32), corvos e outros paxaros (mesma páxina), golfiños (tamén na 24), primates (páxina 33), baleas (páxina 36), e así...

sábado, 22 de noviembre de 2008

Genie Wiley, a "nena salvaxe" de California

Máis atrás temos a entrada dedicada a Victor, o neno salvaxe atopado en Francia a piques de rematar o século XVIII. Agora toca falar do caso de Genie. Temos aquí un documental de fai anos no seu día emitido por Televisión Española. Non é precisamente un documento divertido, e ninguén -agás Genie- ou case ninguén sae ben parado desta historia, pero o caso é... real, e é pouco menos que imposible non sentir interese por el, e consideramos moi improbable que alguén comece a ver o documental e non queira chegar ata o final:







Ben, e agora, vosoutros veredes se merece a pena escribir un comentario aquí ou non... Gracias en calquera caso.
(Hoxe Genie é xa unha muller que pasa dos cincuenta anos... Se segue viva, que cabe esperar que si).

Victor de L´Aveyron, o neno salvaxe

Jean Itard, Victor de L´Aveyron, Alianza Ed.

Nestes días atrás estivemos comentando o caso do neno salvaxe atopado en Francia pouco antes de 1800. O libro de Jean Itard que conta este caso o tes na nosa biblioteca, na sección de psicoloxía (había que ubicalo nalgún sitio, e talvez non sexa o máis adecuado, pero aí o tes á túa disposición, para cando queiras-, está editado por Alianza editorial, e nunha colección fácil de atopar en calquera librería ou biblioteca pública. Se queres información sobre Itard a tes aquí, ou tamén neste outro enlace.
Pasemos agora á película. É de Truffaut, cineasta francés que, sen embargo, pode ser talvez para ti máis coñecido como actor dun famoso film de Spielberg, "Encuentros en la tercera fase", onde fai o papel de científico obsesionado por tomar contacto cos alieníxenas comunicándose musicalmente. Podes velo como tal neste vídeo-trailer (Truffaut aparece varias veces, e ao final co nome do personaxe, "Lacombe", e o seu, en letras ben visibles:


Pero o que aquí interesa agoa é a película de Truffaut, sete anos anterior á de Spielberg, no que tamén fai de actor -fai do propio Itard-. Ofrecemos tres vídeos: 1) o trailer, en inglés, porque aquí somos moi políglotas; 2) a escena da "xustiza" e o castigo inxusto, en V.O., en francés, pero agora con subtítulos en castelán; 3) "El pequeño salvaje" (Parte 4), é dicir, a parte IV da versión en castelán, cunha doblaxe non moi logada que fai perder verosimilitude á historia (Truffaut utilizaba sonido directo, e na doblaxe é de estudio, con voces coñecidas polas series de televisión ou polos anuncios:






Se queres ver máis en YouTube en francés, debes escribir "LÉnfant sauvage"; se o queres na versión anglosaxona, "The Wid Chid"; se queres ver a película completa ou case en castelán, pon "El pequeño salvaje", e poderás ir parte a parte. Sempre en YouTube, e SEMPRE escribindo xunto ao título o nome do autor: Truffaut, para evitar perdelo tempo con tonterías. ¡Boa caza!

martes, 18 de noviembre de 2008

"Partindo da nada chegamos ás máis altas cotas da miseria"

E agora outro enlace máis para quen desexe dar con información máis completa e detallada da antropoxénese. Ben, éste é o sitio da rede que propoñemos. Ti verás...
Podes aforrar tempo se buscas xa de entrada o apartado 4 na páxina 8 -son trece, en total-, e a partir de aí, segues.

A voltas con Lamarck e Darwin

Ao final do apartado 3 deste Tema 2, titulado "Explicacións evolucionistas", hai dous enlaces que volvemos a propoñer aquí porque todos sabemos que así é máis fácil e apetecible -no caso de que un teña ganas- recurrir a eles.
O primeiro é por se queres meterte un pouco máis a fondo no pensamento de Lamarck. Pois ben, se queres, éste é un enlace que non está mal, se ben atoparás información doutros autores, así que podes ler todo ou parte...
O segundo é algo distinto: é un blog dun biólogo do CSIC no que podes seguir unha polémica discusión déste con outro colega que entra como invitado na bitácora do primeiro. Debes chegar ata a sección de "Comentarios", e alí ver o que propoñemos: os argumentos e contraargumentos de ambos científicos, un defendendo a teoría sintética e outro criticándoa. A cousa non acaba moi ben... Éste é o enlace, por se queres seguilo.