martes, 27 de octubre de 2009

Tema 2, Curso 2009-10

Se premes sobre este enlace podes ler todas as entradas do Tema 2 publicadas durante o curso pasado, que valen tamén para este ano.

viernes, 25 de septiembre de 2009

Tema 1 do Curso 2009-10

Se premes sobre este enlace podes ver todas as entradas do curso pasado sobre o Tema 1, que valen tamén para este ano.

martes, 1 de septiembre de 2009

lunes, 9 de febrero de 2009

Baixo a roda

Outro dos autores dos que tratamos ao final do tema 3 é Spengler, tamén alemán, como Marx, se ben cun tipo de pensamento ben diferente.
Sobre este polémico autor e a súa famosa obra tes información variada na Rede. Facilitamos este enlace, que non parece malo.

Máis Marx

Nalgún momento do final dete Tema 3 aparece Carlos Marx. Talvez non é mala idea botar man de Santa Wiki, que estás na Rede, para contextualizar algo a súa obra: aí va o vínculo marxiano.

(Groucho Marx facendo a revolución ante o espello... Ben, este Marx debe de ser doutra familia, ¿ou?)

No tempo de Agostín...

Comezamos o tema 3 falando do tempo a partir dun famoso fragmento das Confesións de San Agostín (ss. IV-V, despois de cristo, naturalmente), texto que resultou un tanto polémico. Afortunadamente. veña polémicas: queremos máis diso na aula, por favor.
Ben, agora ofrecemos un enlace para ter algo ma´si de información sobre este santo varón, xa que ao final do >Tema 3 reaparece saído da espesura do bosque vello para nos dicir "¡uh!"
Claro que podes ir tamén ao blog de Filosofía II ("O raio verde": a competencia, xa sabes). aí tes unha serie de entradas sobre Agostín, e algo haberá que interese, esperemos...

Pero, ¿houbo algunha vez un filósofo... español?

Había unha vez un señor chamado José Ortega y Gasset. Un día morreu -é un costume que soe ter a xente, como dicía outro morto, tamén-, pero antes fixo dúas ou tres couas. Aquí endadimos u par de enlaces:
  1. No prineiro que aquí tes, atoparás na Wiki información sobre este filósofo espeñol pouco orixinal pero gran divulgador.
  2. E aquí tes unha colección de frases del, que talvez teñan algún atractivo, ou non, quen sabe...

Declaración Universal dos Dereitos Humanos, ONU, 1948

Se premes neste enlace podes acceder ao texto dos artigos da Declaración dos DD HH (ONU, 1948).

Bartolomé de Las Casas e Francisco de Vitoria

Desgraciadamente, no noso propio país estes dous autores seguen a ser case descoñecidos. A pregunta é ¿por que? Posiblemente se foran autores británicos, franceses ou belgas, terían un recoñecemento na súa propia terra e tamén un recoñecemento internacional. Aquí somosche así, meu amigo... Invitamos a facer un pouco de xustiza con eles. Aquí tes un vínculo para ler algo sobre Bartolomé de Las Casas, e neste outro, sobre Vitoria. A ver que pasa...

Entrevistas co antropólogo Marvin Harris


Facilitamos agora un enlace para poder ler, se queres, unha entrevista co antropólogo Marvin Harris, do cal falamos no Tema 3.

¿Quen teme a Claude Lévi-Strauss?


Un dos antropólogos máis importantes da actualidade é Claude Lévi-Strauss, belga, e xa bastante maior... No Tema 3 falamos del cando tratamos de explicar a diferencia entre natureza humana e cultura. Aquí tes a posibilidade de ir en busca de máis información sobre a súa persoa e obra, na inevitable Wiki, pero hai moita información na rede sobre el que podes consultar, desde logo.

domingo, 8 de febrero de 2009

De sofistas en xeral, e de Trasímaco e Calicles en particular...

No apartado dedicado a iso que é chamado, polo regular, "malestar cultural", remitímonos aos sofistas, da Grecia antiga clásica. Chaman moito a atención porque posúen ideas e actitudes que os occidentais actuais consideramos non anteriores ao sécuko XX. Pois ben, se queres algo máis de información sobre eles podes premer neste enlace, a ver... É máis ben un tipo de información breve e sinxelo.
Agora ben, se prefires algo máis de profundidade, entón o enlace que buscas é éste, no que atoparás máis sobre Trasímaco e Calicles, dous dos sofistas máis coñecidos e recoñecidos (non moi queridos por Platón, por certo).

martes, 13 de enero de 2009

TEMA 3



DE QUE FACER O TRABALLO

Ilustración a partir dun debuxo de Alejandro G., de 4ºA)
Na presente entrada, que chega cun certo retraso -perdón-, queremos ofrecer unha lista de libros (novela, libro autobiográfico, ensaio), cómics e películas, obras sobre as cales podes comezar cando quiras, xa, un traballo para finalizar e entregar acabado a finais de curso (Maio, Xuño). Bota unha ollada á entrada anterior, na que tes unha detallada explicación sobre a maneira correcta de facelo.
Esta lista que tes aquí irá crecendo nos próximos días, polo que se non atopas hoxe o libro, cómic ou film que desexas, proba dentro dun par de días... Lembra tamén que tes a posibilidade de falar profesor para considerar outras posibilidades non presentes nesta lista. Comezamos, pois:

COMO FACER E COMO PRESENTAR UN TRABALLO

Debuxo de Jaime A. (4ºB)
Estamos a falar de elaborar un traballo voluntario e de longo percorrido, para ir facendo desde agora e entregalo a final de curso, pero mantendo sempre a comunicación co profesor. De momento poden apuntarse os alumnos que agora teñan unha cualificación non inferior ao "seis", nivel mínimo que deberán manter ao longo do resto do curso como condición indispensable para seguir. Imos por partes:
Estamos, en principio, pensando nun traballo sobre un libro (de ficción ou non). Pódese tamén facer dunha película, dun cómic ou de dúas obras que se poidan relacionar (p. ex., unha novela e unha película, ou un cómic e unha novela, etc.). Distinguriemos cinco pasos:

1. LECTURA: Un traballo sobre un libro é o que se chama unha "recensión crítica" (do latín: recenseo: eu reviso, examino): a) Le subliñando a lapis e/ou tomando notas, no propio libro ou nunha folla; b) algunhas cousas será mellor lelas varias veces; c) debes ter sempre a man un dicionario; d) busca información do autor ou do libro nalgunha enciclopedia, ou en Internet. Esta información debes utilizala para entender mellor o libro, pero non para copiala mecanicamente sen comprendela.
2. PRESENTACIÓN: Todos os traballos teñen unha estructura semellante, que ti debes respectar en principio: 1) Portada: aí debes escribir os teus datos persoais e a ficha completa do libro escollido (autor, título subliñado, editorial e ano de publicación), e nada máis, 2) presentación: brevemente, nunha páxina ao sumo, dis quen é o autor , e cal é o tema e a importancia da obra. A continuación indicas por que escolliches esa obra e como abordaches o traballo. Se cres que debes engadir algo máis, faino; 3) resumo obxectivo da obra: sen engadir críticas nin comentarios ou opinións persoais, resume o contido do libro para que un compañeiro do teu grupo poida entendelo. O resumo pódese facer da obra enteira, ou por capítulos, dependendo da natureza do libro; 4) crítica persoal: naturalente podes opinar o que queiras, pero en calquera caso DEBES FUNDAMENTAR AS TÚAS OPINIÓNS o mellor posible. ¿Opinións sobre que?: sobre o tema ou temas do libro, sobre as crenzas do autor, sobre a forma na que está escrita a obra, etc. Por suposto, é de pura lóxica que debes ter en conta os contidos, temas, actividades, debates, etc., da asignatura. Canto máis e mellor saibas facer isto (relacionar o traballo do libro co resto da asignatura, ou con tal ou cal tema), máis alta será a cualificación; 5) conclusión: brevemente, como na "presentación", pechas agora o traballo resumindo as tres ou catro cousas que che interesa subliñar da obra, do que opinas dela e do traballo realizado, 6)bibliografía utilizada: todo libro, enciclopedia, artigo de periódico, páxina de Internet, blog, película, etc., utilizado debe constar aquí, sinalando autor, título, editorial e ano, ou ben o URL, etc.
3. COMO FACER "CITAS": Se tes que citar algunha frase literal do autor ou doutra obra, ten que ir entrecomiñada, poñendo entre paréntese o número da páxina na que aparece. Se fas unha cita dunha obra que non é o libro escollido para o traballo, debe quedar claro que libro é, e quen é o seu autor.
4. EXTENSIÓN: Aproximadamente, unhas dez/quince páxinas, se son escritas co ordenador. De todolos xeitos, o resumo obxectivo e a crítica persoal deben ser as partes máis extensas, e ambas dunha lonxitude similar.
5. REVISIÓNS PERIÓDICAS, EXPOSICIÓN E DEBATE: Cada certo tempo terás que presentar determinada parte do teu traballo ao profesor (non se trata pois de entregar "todo ao final"). Para iso serán marcadas unhas datas que deberás respectar se queres seguir co traballo. A data final de entrega será indicada no terceiro trimestre. Entregado e acabado o traballo, será fixada outra data para a presentación do traballo na aula, data que deberá ser respectada. A exposición será preparada (durará sobre un cuarto de hora), pero o traballo non será mecanicamente memorizado (podes mirar, ler algo, ter un esquema...). O debate non será para que o grupo faga preguntas ao autor do traballo -se ben pode haber algunha, claro-, senón un diálogo contruído entre todos sobre filosofía, onde o traballo é o punto de partida e de referencia.

NOTA: Os traballos que sexan sobre cómics, películas ou sobre dúas obras, faranse tamén seguindo en principio as orientacións anteriores, pero é mellor falar co profesor para determinar en cada caso que tipo de variantes é conveniente introducir...
NOTA II: Na seguinte entrada deste blog atoparás unha lista de libros, cómics e películas onde poderás escoller o máis atractivo para os teus intereses. Moitos deles estarán a túa disposición na biblioteca deste centro.

¿E agora como temos que entender... isto?