sábado, 22 de noviembre de 2008

Victor de L´Aveyron, o neno salvaxe

Jean Itard, Victor de L´Aveyron, Alianza Ed.

Nestes días atrás estivemos comentando o caso do neno salvaxe atopado en Francia pouco antes de 1800. O libro de Jean Itard que conta este caso o tes na nosa biblioteca, na sección de psicoloxía (había que ubicalo nalgún sitio, e talvez non sexa o máis adecuado, pero aí o tes á túa disposición, para cando queiras-, está editado por Alianza editorial, e nunha colección fácil de atopar en calquera librería ou biblioteca pública. Se queres información sobre Itard a tes aquí, ou tamén neste outro enlace.
Pasemos agora á película. É de Truffaut, cineasta francés que, sen embargo, pode ser talvez para ti máis coñecido como actor dun famoso film de Spielberg, "Encuentros en la tercera fase", onde fai o papel de científico obsesionado por tomar contacto cos alieníxenas comunicándose musicalmente. Podes velo como tal neste vídeo-trailer (Truffaut aparece varias veces, e ao final co nome do personaxe, "Lacombe", e o seu, en letras ben visibles:


Pero o que aquí interesa agoa é a película de Truffaut, sete anos anterior á de Spielberg, no que tamén fai de actor -fai do propio Itard-. Ofrecemos tres vídeos: 1) o trailer, en inglés, porque aquí somos moi políglotas; 2) a escena da "xustiza" e o castigo inxusto, en V.O., en francés, pero agora con subtítulos en castelán; 3) "El pequeño salvaje" (Parte 4), é dicir, a parte IV da versión en castelán, cunha doblaxe non moi logada que fai perder verosimilitude á historia (Truffaut utilizaba sonido directo, e na doblaxe é de estudio, con voces coñecidas polas series de televisión ou polos anuncios:






Se queres ver máis en YouTube en francés, debes escribir "LÉnfant sauvage"; se o queres na versión anglosaxona, "The Wid Chid"; se queres ver a película completa ou case en castelán, pon "El pequeño salvaje", e poderás ir parte a parte. Sempre en YouTube, e SEMPRE escribindo xunto ao título o nome do autor: Truffaut, para evitar perdelo tempo con tonterías. ¡Boa caza!

No hay comentarios: