martes, 28 de octubre de 2008

lunes, 27 de octubre de 2008

De mitos, contos, nenos e medos

Fai uns días, nun dos dous grupos, falabamos de literatura, de libros, de certas historias que, sendo escritas e do noso tempo, posúen algo indefinible que as achegan aos vellos mitos; son ou poden ser "míticas", sen ser mitos. O exemplo que non foi difícil de atopar foi a novela de Golding Lord of the Flies, na que aparece constantemente a ameaza, ou a intranquilizadora presenza desa besta oculta imaxinada de diferentes formas por distintos personaxes da obra... Tamén falábamos desa "carga mítica" visible igualmente nos contos populares, e dos terribles personaxes e monstruos que neles atopamos, e logo á polémica en torno a se son causa dos terrores dos nenos, ou se máis ben eses terrores xa existen e con tales personaxes de conducta pouco recomendable os nenos "dan forma", cara e nome a eses medos, conseguindo así en certo modo un control ou poder sobre eles. E desembocamos finalmente, un pouco por azar, nun conto para nenos, escrito por Vicente Muñoz Puelles, e no seu día moi premiado, e con xustiza, atrevémonos a dicir: Óscar y el león de Correos, moi ben ilustrado por Noemí Villamuza, e editado en 1998 por Anaya. Trata da historia dun neno de seis anos que sinte pánico por dúas cousas: "a criatura da noite", que antes de deitarse busca co seu pai por mil sitios, e o león do buzón de Correos, ao cal tira caramelos para intentar telo da súa parte... Finalmente conocerá a un home maior que traballa na oficina de Correo e móstralle o interior désta e o outro lado do león:

"-¿No sabes que los leones no comen caramelos? -le preguntó.
Óscar se sonrojó.
-Pensé que los leones de Correos serían distintos -dijo.
El hombre se reía tanto que parecía no terminar nunca.
-¿Sabes una cosa? -le preguntó-. Hace muchos años , cuando yo era joven, había otro niño que también le daba caramelos al león. Hablé con él, lo traje aquí y me dijo exactamente lo mismo.
Óscar se quedó pensando si el empleado de Correos le tomaba el pelo.
(...) Aquella noche, con el pijama puesto, papá empezó a mirar detrás de las puertas, buscando a la criat
ura de la noche. (...)
-Se me pasó el miedo, papá. (...) Sé que la criatura de la noche no existe y que el león de Correos no puede morderme.
-Es curioso que me digas eso -comentó papá-. C
uando yo era pequeño, tenía mucho miedo de ese mismo león. ¿Sabes lo que le hacía?"

¿E ti? ¿Sabes ti que lle facía...?

viernes, 24 de octubre de 2008

Carl Jung, os mitos e o inconsciente colectivo

Os todas, do sur da India, un exemplo entre outros de cultura tradicional, cren nos seus propios mitos, claro é, e nun deles se di que a muller foi ceada a partir dunha costela do home, o cal recorda inevitablemente á historia de Adán e Eva da "Biblia", libro de orixe hebreo, producto dunha cultura allea aos todas e moi distante da India. En realidade hai moitos casos de similitudes ou coincidencias entre mitos ou relatos relixiosos (a "Biblia" non é propiamente un mito, nin unha serie de mitos). Os semang, da penísula de Malaca (en castelán, penísula malaya), non posúen o mito do diluvio, tan repetido en tantas culturas, pero si outro distinto pero equivalente: a tradición dun gran incendio... E así podríamos seguir...
O caso é que na aula, tratando precisamente sobre estas coincidencias de mitos de culturas e continentes distantes entre si, falamos de dúas explicacións plausibles: unha, a posible orixe común de diferentes culturas, o que explicaría as coincidencias, pese ás variantes, que tamén existen; e outra, non demostrada, pero suxestiva, a de Carl Jung e a súa hipótese do inconsciente colectivo. Deixamos aquí algún enlace que outro por se pica a curiosidade, recordando que hai moita información sobre Jung na rede, vídeos en YouTube incluidos... Pero recorda isto sempre: non todo o que atopamos na rede ten o mesmo grao de fiabilidade...

jueves, 23 de octubre de 2008

TEMA 1. ¿Gregos nun mapa... metido nun vídeo?

Se queres un mapa dos de toda a vida da Grecia antiga, coas polis, as colonias, etc., etc., só tes que premer neste enlace... E se o que queres é un gráfico ou esquema cos nomes, escolas e séculos dos filósofos máis importantes daquel tempo tes a túa disposición este segundo enlace... Pero se preferes algo máis "movido", mellor bota unha ollada a isto, titulado "Descripción de la Grecia antigua":

TEMA 1

Damos comezo aquí ao Tema 1. As entradas que seguen pertencen a este primeiro tema. Todas elas levarán, non obstante, a etiqueta "TEMA 1".

Presentación

Benvidos. Éste é o blog de F&C, e pretende chegar a ser un lugar de encontro e de comunicación entre todos nós. Que iso sexa posible dependerá do que fagamos con este... monstruo recién chegado.
Para introducir calquera comentario non é necesario ter conta ou correo algún: basta con escribilo, reproducir a serie de letras anti-spam e premer no circuliño onde pon "Anónimo". Se queres firmar co teu nome, con pseudónimo, con iniciais, etc., é cousa túa, e só terás que poñelo ao final do comentario (ou ao comezo).
Textos, actividades, vídeos ou gráficos correspondentes aos diferentes temas do curso irán aparecendo aquí. Algúns deles serán máis ben... "convencionais" (serán o que todo o mundo xa espera que sexan); outros -esperemos que moitos- serán máis ben... "non convencionais". En calquera caso o monstruo comeza xa a andar...