sábado, 22 de noviembre de 2008

Genie Wiley, a "nena salvaxe" de California

Máis atrás temos a entrada dedicada a Victor, o neno salvaxe atopado en Francia a piques de rematar o século XVIII. Agora toca falar do caso de Genie. Temos aquí un documental de fai anos no seu día emitido por Televisión Española. Non é precisamente un documento divertido, e ninguén -agás Genie- ou case ninguén sae ben parado desta historia, pero o caso é... real, e é pouco menos que imposible non sentir interese por el, e consideramos moi improbable que alguén comece a ver o documental e non queira chegar ata o final:







Ben, e agora, vosoutros veredes se merece a pena escribir un comentario aquí ou non... Gracias en calquera caso.
(Hoxe Genie é xa unha muller que pasa dos cincuenta anos... Se segue viva, que cabe esperar que si).

5 comentarios:

Anónimo dijo...

despois de leer a información que facilitaches busquei en internet máis información, resultoume curioso que nalgunhas webs querian darlle a os investigadores a imaxe de maltratadores, que só vían a genie coma un obxeto, e que posiblemente violaron o código de ética.
Logrei encontrar mais datos sobre a súa familia tiña irmáns e ela era a unica que permanecia encerrada,atábana a unha silla cun orinal implantado denominado "silla entrenadora" para os nenos que comenzan a facer as suas necesidades nun retrete.De noite o pai atábana e metíana nunha xaula de arame e madeira dentro dun saco de durmir aunque algunhas veces olvidabase de ela e a deixaba atada na silla, a súa vestimenta era un pañal con algún vestido. comia comida de bebé e no seu cuarto só podía ver 5 centimetros de ceo e o tellado dos seus veciños.os demais membros da sua familia eran controlados polo seu pai que de vez en cado os deixaba sair e cando non os deixaba ,os vixiaba sentando nun rincón cunha pistola cargada nas máns.
ela non tiña unha referencia do xusto e o inxusto, pero, os nenos por natureza son mais curiosos, ¿porqué non a sua curiosidade levouna a revelarse? supoño que quizais durante os primeiros anos sentise medo pero ¿durante 13 años nunca tivo mais curiosidade que medo? quizais non podo falar dunha forma obxetiva xa que fun educada nunha sociedade, pero dende o meu punto de vista nalgún momento todo ser humano arriscaríase a saber que é o que hai tras aquela porta e polo tanto forcexearía co meu carcelero.
actualmente devido a unha orde xudicial que protexe a intimidade de genie, pero ha chegado a saberse que actualmente vive nunha institución de california que adicase o cuidado de adultos con retraso mental, autismo, parálisis cerebral ou epilepsia.No 2001 fixoseu unha pelicula sobre ela "Mockingbird Don’t Sing" que e moi complicado de encontrar en español.
simplemente quería áñadir un pouco máis de información.(existen casos similares:as hermanas kamala e Amala supostamente criadas por lobos en Ucrania,Oxana Malaya criada por un can ata os oito anos,Kaspar Hauser de Núremberg, Alemania, encadeado nun zulo,John Ssabunnya "o verdadeiro tarzán" criado por monos na selva africana)

jaimicius dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
D.F. dijo...

Lamento, Negima (¿imagen?) responder tan tarde, pero soamente hoxe, e de casualidade, atopei este comentario, e outros, por certo. Todo o que escribes resulta moi interesante, e ao tempo... triste. Non é un adxetivo moi orixinal, pero é que é o que produce: tristeza. Mentres falabamos de Genie na aula, mentres escribía a entrada correspondente, mentres ti mirabas esa entrada, mentres ti buscabas na rede máis e máis información, mentres escribías o teu comentario, mentres eu o descubría, e agora mesmo... Genie estaba e está... "viva". Non é unha película; non é un texto. É unha persoa que agora estará sentada nun porche, ou mirando pola ventá ao horizonte, ou lavando os dentes... E pensará nos seus pais, na habitación, no anaco de tellado que podía ver de cría desde aquela cárcere...
Vouno deixar...
Creo que sería moi valioso que deixaras aquí outro comentario sinalando os lugares da rede nos que poder atopar esa información que comentas, de Genie e das outras persoas. (Creo recordar que o caso de John S., "o verdadeiro Tarzán", é distinto ao resto, ¿non?).
Un saúdo. Moi bo comentario, créeme.

Anónimo dijo...

En resposta a D.F huberame gustado moito facilitarche os lugares da rede onde encontrei tanta información, o que pasa é que non foi nalgunha paxina específica, busquei en paxinas de psicoloxía onde estudantes de esta rama fixeron traballos sobre Genie, secadra terei que volver a buscar e facilitareicho en canto me sexa posible.Quen sabe o que pensará Genie agora mesmo, moita xente verá o seu caso como algo lonxano, case ficticio. eu mesma algunhas veces teño que recordarme que non é un obxeto nin un esperimento, é unha señora agora ,que por aquel macabro pensamento do pai quedou inhabilitada para unha vida totalmente plena,xusta, agora podería ser unha persoa totalmente anónima quizáis ela mesma poderia estudar algun caso similar e compadecerse dese neno ou nena.Quero supoñer que ela mantén unha vida feliz ignorando cales poderían haber sido as súas metas se nada disto houbese pasado. En canto a Jonh S. si que pode dicirse que é distinto ao resto.john,foi avandoado na selva con tres anos e conviviu con monos case o mesmo tempo,este caso destacou porque puido reinstaurarse na sociedade, habendo aprendido a lenguaxe e asi poder transmitir a súa terrible experiencia. O máis curioso todabía e a posibilidade de que o neno si ben foi criado po los monos, non necesariamente estos aceptárano na su comunidade,xa que dos seus relatos puidose establecer, que nunca acicalou a algun dos monos e que estes non o acicalaron a él tampoco.
(grazas por darme pé a unha nova participación.)(negima é o nome dunha serie de manga xaponesa)un saludo e moitas grazas.

D.F. dijo...

Gracias a ti. Sabes, supoño, que tes unha entrada no blog a partir do teu comentario anterior... O de John S. pensaba que era non tanto un abandono como a consecuencia da guerra no seu país e a invasión polo exército da súa aldea, na que morreron os seus familiares e veciños.
Desgraciadamente, non creo que ninguén poida ser feliz nas circunstancias de G. Penso máis ben que a medida que pasen os anos a conciencia de todo o ocurrido -e o non ocurido: a normalidade, sexa o que sexa- ten que pesan máis na súa alma. Talvez, non obstante, teña algún consuelo nalgunha cousa:unha actividade, ou que sabe un...
Non sabía o do manga. Coñezo pouco o cómic de Xapón. Pero tampouco o ignoro: certas obras de Taniguchi son admirables: "El almanaque de mi padre", o "Barrio Lejano". Ésta última, que consta de dous tomos, podes atopala na nosa biblioteca, e é do mellor, Negima. Do mellor.
Un saúdo. Non tardes en volver.