
Os
todas, do sur da India, un exemplo entre outros de cultura tradicional, cren nos seus propios mitos, claro é, e nun deles se di que a muller foi ceada a partir dunha costela do home, o cal recorda inevitablemente á historia de Adán e Eva da "Biblia", libro de orixe hebreo, producto dunha cultura allea aos todas e moi distante da India. En realidade hai moitos casos de similitudes ou coincidencias entre mitos ou relatos relixiosos (a "Biblia" non é propiamente un mito, nin unha serie de mitos). Os semang, da
penísula de Malaca (en castelán, penísula malaya), non posúen o
mito do diluvio, tan repetido en tantas culturas, pero si outro distinto pero equivalente: a tradición dun gran incendio... E así podríamos seguir...
O caso é que na aula, tratando precisamente sobre estas coincidencias de mitos de culturas e continentes distantes entre si, falamos de dúas explicacións plausibles: unha, a posible orixe común de diferentes culturas, o que explicaría as coincidencias, pese ás variantes, que tamén existen; e outra, non demostrada, pero suxestiva, a de
Carl Jung e a súa hipótese do
inconsciente colectivo. Deixamos aquí algún enlace que outro por se pica a curiosidade, recordando que hai moita información sobre
Jung na rede, vídeos en YouTube incluidos... Pero recorda isto sempre: non todo o que atopamos na rede ten o mesmo grao de fiabilidade...
No hay comentarios:
Publicar un comentario