Primeiro foi King Kong.
Logo foi Copito de Nieve.
E agora é unha femia: Koko.
A familia dos gorilas ten uns cantos famosos.
Aquí ofrecemos este enlace para ir o sitio de Koko na rede: hai un montón de cousas; entre outras, a propia Koko ensinando a quen queira os signos dos sordomudos que ela coñece ben...
lunes, 24 de noviembre de 2008
domingo, 23 de noviembre de 2008
¿Aló?

Ben, nestas páxinas de Riba poderá acceder a información sobre a comunicación dos crustáceos (páxina 23), as arañas (mesma páxina), insectos (desde a páxina 24: bolboretas, abellas, formigas...), crocodrilos (páxina 32), corvos e outros paxaros (mesma páxina), golfiños (tamén na 24), primates (páxina 33), baleas (páxina 36), e así...
Etiquetas:
COMUNICACIÓN ANIMAL,
INTELIXENCIA ANIMAL,
TEMA 2
sábado, 22 de noviembre de 2008
Genie Wiley, a "nena salvaxe" de California
Máis atrás temos a entrada dedicada a Victor, o neno salvaxe atopado en Francia a piques de rematar o século XVIII. Agora toca falar do caso de Genie. Temos aquí un documental de fai anos no seu día emitido por Televisión Española. Non é precisamente un documento divertido, e ninguén -agás Genie- ou case ninguén sae ben parado desta historia, pero o caso é... real, e é pouco menos que imposible non sentir interese por el, e consideramos moi improbable que alguén comece a ver o documental e non queira chegar ata o final:
Ben, e agora, vosoutros veredes se merece a pena escribir un comentario aquí ou non... Gracias en calquera caso.
(Hoxe Genie é xa unha muller que pasa dos cincuenta anos... Se segue viva, que cabe esperar que si).
Ben, e agora, vosoutros veredes se merece a pena escribir un comentario aquí ou non... Gracias en calquera caso.
(Hoxe Genie é xa unha muller que pasa dos cincuenta anos... Se segue viva, que cabe esperar que si).
Etiquetas:
CONDUCTA APRENDIDA,
INTELIXENCIA HUMANA,
LINGUAXE,
MADURACIÓN NERVIOSA,
PSICOLOXÍA,
TEMA 2,
VÍDEOS
Victor de L´Aveyron, o neno salvaxe
Nestes días atrás estivemos comentando o caso do neno salvaxe atopado en Francia pouco antes de 1800. O libro de Jean Itard que conta este caso o tes na nosa biblioteca, na sección de psicoloxía (había que ubicalo nalgún sitio, e talvez non sexa o máis adecuado, pero aí o tes á túa disposición, para cando queiras-, está editado por Alianza editorial, e nunha colección fácil de atopar en calquera librería ou biblioteca pública. Se queres información sobre Itard a tes aquí, ou tamén neste outro enlace.
Pasemos agora á película. É de Truffaut, cineasta francés que, sen embargo, pode ser talvez para ti máis coñecido como actor dun famoso film de Spielberg, "Encuentros en la tercera fase", onde fai o papel de científico obsesionado por tomar contacto cos alieníxenas comunicándose musicalmente. Podes velo como tal neste vídeo-trailer (Truffaut aparece varias veces, e ao final co nome do personaxe, "Lacombe", e o seu, en letras ben visibles:Pero o que aquí interesa agoa é a película de Truffaut, sete anos anterior á de Spielberg, no que tamén fai de actor -fai do propio Itard-. Ofrecemos tres vídeos: 1) o trailer, en inglés, porque aquí somos moi políglotas; 2) a escena da "xustiza" e o castigo inxusto, en V.O., en francés, pero agora con subtítulos en castelán; 3) "El pequeño salvaje" (Parte 4), é dicir, a parte IV da versión en castelán, cunha doblaxe non moi logada que fai perder verosimilitude á historia (Truffaut utilizaba sonido directo, e na doblaxe é de estudio, con voces coñecidas polas series de televisión ou polos anuncios:
Se queres ver máis en YouTube en francés, debes escribir "LÉnfant sauvage"; se o queres na versión anglosaxona, "The Wid Chid"; se queres ver a película completa ou case en castelán, pon "El pequeño salvaje", e poderás ir parte a parte. Sempre en YouTube, e SEMPRE escribindo xunto ao título o nome do autor: Truffaut, para evitar perdelo tempo con tonterías. ¡Boa caza!
Etiquetas:
CONDUCTA APRENDIDA,
INTELIXENCIA HUMANA,
LIBROS,
LINGUAXE,
MADURACIÓN NERVIOSA,
PSICOLOXÍA,
TEMA 2,
VÍDEOS
martes, 18 de noviembre de 2008
"Partindo da nada chegamos ás máis altas cotas da miseria"

Podes aforrar tempo se buscas xa de entrada o apartado 4 na páxina 8 -son trece, en total-, e a partir de aí, segues.
A voltas con Lamarck e Darwin

O primeiro é por se queres meterte un pouco máis a fondo no pensamento de Lamarck. Pois ben, se queres, éste é un enlace que non está mal, se ben atoparás información doutros autores, así que podes ler todo ou parte...
O segundo é algo distinto: é un blog dun biólogo do CSIC no que podes seguir unha polémica discusión déste con outro colega que entra como invitado na bitácora do primeiro. Debes chegar ata a sección de "Comentarios", e alí ver o que propoñemos: os argumentos e contraargumentos de ambos científicos, un defendendo a teoría sintética e outro criticándoa. A cousa non acaba moi ben... Éste é o enlace, por se queres seguilo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)