- O pasado 27 de Novembro, "Negima" publicou un largo comentario na entrada correspondente ao caso de Genie, a nena "salvaxe" de California, que, despois de pensalo, decidín incluílo aquí como unha entrada dado o seu indubidable interese. O comentario de Negima está aquí reproducido na súa totalidade, soamente con dous cambios: 1) algunha errata que outra foi corrixida; 2) inclúense un par de enlaces suxeridos por Negima, pero engadidos por quen está agora escribindo. Gracias, "Negima", e non deixes de ler a resposta ao teu comentario (debaixo do orixinal teu):
"Despois de ler a información que facilitaches busquei en Internet máis información. Resultoume curioso que nalgunhas webs querian darlle dos investigadores a imaxe de maltratadores, que só vían a Genie coma un obxecto, e que posiblemente violaron o código de ética.
Logrei encontrar máis datos sobre a súa familia. Tiña irmáns e ela era a única que permanecía encerrada. Atábana a unha silla cun orinal implantado denominado "silla entrenadora" para os nenos que comenzan a facer as súas necesidades nun retrete. De noite o pai atábana e metíana nunha gaila de arame e madeira dentro dun saco de durmir, aínda que algunhas veces olvidábase dela e deixábaa atada na silla. A súa vestimenta era un pañal con algún vestido. Comía comida de bebé e no seu cuarto só podía ver cinco centimetros de ceo e o tellado dos seus veciños. Os demais membros da súa familia eran controlados polo seu pai, que de vez en cando os deixaba saír, e cando non os deixaba ,os vixiaba sentando nun rincón cunha pistola cargada nas mans.
Ela non tiña unha referencia do xusto e o inxusto, pero os nenos por natureza son máis curiosos: ¿por que a súa curiosidade non a levou a rebelarse? Supoño que quizais durante os primeiros anos sentise medo, pero ¿durante trece años nunca tivo máis curiosidade que medo? Quizais non podo falar dunha forma obxectiva xa que fun educada nunha sociedade, pero dende o meu punto de vista nalgún momento todo ser humano arriscaríase a saber que é o que hai tras aquela porta, e polo tanto forcexearía co meu carcereiro.
Actualmente unha orde xudicial protexe a intimidade de Genie, pero chegou a saberse que na actualidade vive nunha institución de California que adicase o cuidado de adultos con retraso mental, autismo, parálise cerebral ou epilepsia. No 2001 fíxose unha pelicula sobre ela, "Mockingbird Don’t Sing", que é moi difícil de encontrar en español.
Simplemente quería áñadir un pouco máis de información. (Existen casos similares: as irmás Kamala e Amala supostamente criadas por lobos en Ucrania, Oxana Malaya criada por un can ata os oito anos, Kaspar Hauser de Núremberg, Alemania, encadeado nun zulo, John Ssabunnya, "o verdadeiro Tarzán", criado por monos na selva africana)."