martes, 13 de enero de 2009
DE QUE FACER O TRABALLO
Na presente entrada, que chega cun certo retraso -perdón-, queremos ofrecer unha lista de libros (novela, libro autobiográfico, ensaio), cómics e películas, obras sobre as cales podes comezar cando quiras, xa, un traballo para finalizar e entregar acabado a finais de curso (Maio, Xuño). Bota unha ollada á entrada anterior, na que tes unha detallada explicación sobre a maneira correcta de facelo.
Esta lista que tes aquí irá crecendo nos próximos días, polo que se non atopas hoxe o libro, cómic ou film que desexas, proba dentro dun par de días... Lembra tamén que tes a posibilidade de falar profesor para considerar outras posibilidades non presentes nesta lista. Comezamos, pois:

- LIBROS DE FICCIÓN: El señor de las moscas, de W. Golding (Alianza; varios exemplares na biblioteca); O vixía no centeo, de Salinger (Alianza; varios exemplares na biblioteca); Peter Pan, de Barrie (varias edicións, haino na biblioteca); Doctor Jekyll e Mr. Hyde, de Stevenson (varias edicións; na biblioteca); La muerte de Iván Illich, de Tolstoi (é un conto; Alianza; biblioteca); ; El secreto del Bosque Viejo, de Dino Buzzatti, Gadir; Fahrenheit 451, Ray Bradbury (Plaza & Janés); etc.
- LIBROS DE NON FICCIÓN: En primeiro lugar advertir que o libro Sobreviviendo con lobos queda finalmente DESCARTADO, pois é un fraude, como podes ver bneste enlace; Si esto es un hombre, de Primo Levi (Muchnik ; haino na biblioteca); El pianista del gueto de Varsovia, de W. Szpilman (Editorial Turpial-Amaranto; haino na biblioteca); Gladiadores, de D. Mannix (Editorial Nowtilus; haino na biblioteca, na sección de Historia); Unha bolsa de canicas, de Joffo (Edicións do Cumio; na biblioteca); Ética para o meu fillo, de Fernando Savater, que o coñecerás porque estamos a lelo na aula (Editorial Ariel; varios exemplares na biblioteca); Una mujer en Berlín, obra anónima autobiográfica, en Anagrama (na biblioteca); etc. (engadiremos algo máis en breve).
- CÓMICS: Persépolis, de Marjane Satrapi (Norma; na biblioteca); Nunca me has gustado, de Chester Brown (Astiberri; na biblioteca, esperando por ti); Maus, de Spiegelman (Editorial Inrevés; biblioteca); Todo Paracuellos, de Carlos Giménez (DeBolsillo; na biblioteca); V de Vendetta, de Alan Moore e David Lloyd (Planeta DeAgostini; na biblioteca); Watchmen, de Alan Moore e Dave Gibbons (Planeta DeAgostini; na biblioteca); Poema en viñetas, de Dino Buzzatti, Gadir (na biblioteca); Adolf (varios volumes: pendente de compra para a biblioteca); etc.
- PELÍCULAS: Espartaco, dirixida por Kubrick Hai o DVD na nosa biblioteca); El pequeño salvaje, dirixida por Truffaut ( a podes ver completa en YouTube, fragmento a fragmento); La diligencia, dirixida por John Ford; Hud, dirixida por Martin Ritt; El buscavidas, dirixida por Robert Rossen; El color del dinero, dirixida por Martin Scorsese; Persépolis, dirixida por Paronnaud, segundo o cómic de Marjane Satrapi (ver arriba, en cómics; a temos tamén na nosa bibliotca); Matrix (na biblioteca); El club de los poetas muertos (na biblioteca), Muerte de un viajante (na biblioteca); Gattaca (na biblioteca); Hoy empieza todo (na biblioteca); El hombre del brazo de oro (na biblioteca); Good bye, Lenin (na biblioteca); El apartamento 8na biblioteca); La misión (na biblioteca); Troya (na biblioteca); Gladiador (na biblioteca); Quadrophenia; Solaris (na biblioteca); Toy Story II; Blade runer (na biblioteca); Fahrenheit 451 (na biblioteca); etc.
COMO FACER E COMO PRESENTAR UN TRABALLO
Estamos a falar de elaborar un traballo voluntario e de longo percorrido, para ir facendo desde agora e entregalo a final de curso, pero mantendo sempre a comunicación co profesor. De momento poden apuntarse os alumnos que agora teñan unha cualificación non inferior ao "seis", nivel mínimo que deberán manter ao longo do resto do curso como condición indispensable para seguir. Imos por partes:
Estamos, en principio, pensando nun traballo sobre un libro (de ficción ou non). Pódese tamén facer dunha película, dun cómic ou de dúas obras que se poidan relacionar (p. ex., unha novela e unha película, ou un cómic e unha novela, etc.). Distinguriemos cinco pasos:
1. LECTURA: Un traballo sobre un libro é o que se chama unha "recensión crítica" (do latín: recenseo: eu reviso, examino): a) Le subliñando a lapis e/ou tomando notas, no propio libro ou nunha folla; b) algunhas cousas será mellor lelas varias veces; c) debes ter sempre a man un dicionario; d) busca información do autor ou do libro nalgunha enciclopedia, ou en Internet. Esta información debes utilizala para entender mellor o libro, pero non para copiala mecanicamente sen comprendela.
2. PRESENTACIÓN: Todos os traballos teñen unha estructura semellante, que ti debes respectar en principio: 1) Portada: aí debes escribir os teus datos persoais e a ficha completa do libro escollido (autor, título subliñado, editorial e ano de publicación), e nada máis, 2) presentación: brevemente, nunha páxina ao sumo, dis quen é o autor , e cal é o tema e a importancia da obra. A continuación indicas por que escolliches esa obra e como abordaches o traballo. Se cres que debes engadir algo máis, faino; 3) resumo obxectivo da obra: sen engadir críticas nin comentarios ou opinións persoais, resume o contido do libro para que un compañeiro do teu grupo poida entendelo. O resumo pódese facer da obra enteira, ou por capítulos, dependendo da natureza do libro; 4) crítica persoal: naturalente podes opinar o que queiras, pero en calquera caso DEBES FUNDAMENTAR AS TÚAS OPINIÓNS o mellor posible. ¿Opinións sobre que?: sobre o tema ou temas do libro, sobre as crenzas do autor, sobre a forma na que está escrita a obra, etc. Por suposto, é de pura lóxica que debes ter en conta os contidos, temas, actividades, debates, etc., da asignatura. Canto máis e mellor saibas facer isto (relacionar o traballo do libro co resto da asignatura, ou con tal ou cal tema), máis alta será a cualificación; 5) conclusión: brevemente, como na "presentación", pechas agora o traballo resumindo as tres ou catro cousas que che interesa subliñar da obra, do que opinas dela e do traballo realizado, 6)bibliografía utilizada: todo libro, enciclopedia, artigo de periódico, páxina de Internet, blog, película, etc., utilizado debe constar aquí, sinalando autor, título, editorial e ano, ou ben o URL, etc.
3. COMO FACER "CITAS": Se tes que citar algunha frase literal do autor ou doutra obra, ten que ir entrecomiñada, poñendo entre paréntese o número da páxina na que aparece. Se fas unha cita dunha obra que non é o libro escollido para o traballo, debe quedar claro que libro é, e quen é o seu autor.
4. EXTENSIÓN: Aproximadamente, unhas dez/quince páxinas, se son escritas co ordenador. De todolos xeitos, o resumo obxectivo e a crítica persoal deben ser as partes máis extensas, e ambas dunha lonxitude similar.
5. REVISIÓNS PERIÓDICAS, EXPOSICIÓN E DEBATE: Cada certo tempo terás que presentar determinada parte do teu traballo ao profesor (non se trata pois de entregar "todo ao final"). Para iso serán marcadas unhas datas que deberás respectar se queres seguir co traballo. A data final de entrega será indicada no terceiro trimestre. Entregado e acabado o traballo, será fixada outra data para a presentación do traballo na aula, data que deberá ser respectada. A exposición será preparada (durará sobre un cuarto de hora), pero o traballo non será mecanicamente memorizado (podes mirar, ler algo, ter un esquema...). O debate non será para que o grupo faga preguntas ao autor do traballo -se ben pode haber algunha, claro-, senón un diálogo contruído entre todos sobre filosofía, onde o traballo é o punto de partida e de referencia.
NOTA: Os traballos que sexan sobre cómics, películas ou sobre dúas obras, faranse tamén seguindo en principio as orientacións anteriores, pero é mellor falar co profesor para determinar en cada caso que tipo de variantes é conveniente introducir...
NOTA II: Na seguinte entrada deste blog atoparás unha lista de libros, cómics e películas onde poderás escoller o máis atractivo para os teus intereses. Moitos deles estarán a túa disposición na biblioteca deste centro.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)